Español Inicio

Por que elixir O Rei das Tartas?

Porque é unha marca de prestixio nacional e internacional
Dende os anos cincuenta o seu fundador, Carlos Folgueira (pai), ademais de ofrecer un saboroso produto como é a Torta de Mondoñedo soubo granxear miles de amizades do mundo político, artístico, das letras e das ciencias.

Con iso transcendeu a marca 'O Rei das Tartas' en televisión, radio, xornais e revistas do corazón.

Grazas a iso, hoxe, Mondoñedo, a torta de Mondoñedo e O Rei das Tartas son famosos.

Porque é un concepto de negocio amplo
Baseado na cafetería, pastelería, cociña rápida e tenda delicatessen con consumo na tenda e despacho de produtos para levar, aumentando así as vendas e a rendibilidade. Ademais, baséase en produtos galegos cento por cento artesanais.
Porque é unha realidade de éxito
Dende o 2003, en que se decidiu a expansión da marca a través de franquías, abríronse sete negocios, todos eles en marcha e rendibles.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago