Español Inicio

Construción dunha área de servizo en Abadín

O Rei das Tartas contará pronto cun novo local na área de servizo de Abadín, na autovía do Cantábrico. Deste xeito o Rei das tartas abre o seu negocio a novos campos, posto que o área incluirá gasoliñeira, cafetería e restaurante

Primeiro local na cidade de Lugo

Os lucences poden disfrutar dos produtos de O Rei das Tartas no novo establecemento situado na Rúa da Cruz, na zona monumental da cidade de Lugo. A franquía contaba ata o momento con 5 locais na súa provincia de orixe, pero ningún na capital.

O Rei das Tartas en Espejo Público

Carlos Folgueira participou no programa Espejo Público de Antena3

Ver galería de fotos

O Ano Xacobeo levará a Santiago un novo local de O Rei das Tartas

Mondoñedo, León, Vigo, Oropesa, Gijón, Cartaxena, Sitges… os locais da franquía atópanse distribuídos ao longo da xeografía española. Sen embargo, aínda no existe ningún en Santiago de Compostela.

Por esta razón e, coincidindo coa celebración do Ano Santo, decidimos abrir un novo local na capital de Galicia, que será un punto de referencia para os peregrinos que acaben o Camiño

O Rei das Tartas inaugura un local en Espacio Coruña

O pasado 20 de outubro abría as súas portas en A Coruña un novo centro comercial cunha superficie bruta alugable de máis de 41.000 metros cuadrados, e ubicado xunto a unha das principais arterias da cidade: a Avenida Alfonso Molina.

A partir do mes de decembro este novo espazo dedicado ao ocio contará cunha cafetaría, pastelaría e restaurante de O Rei das Tartas, consolidándonse a aposta da franquía pola súa rede de locais en Galicia.

Ver Galería de fotos

Mondoñedo dedica unha avenida a Carlos Folgueiras

Unha das principais estradas de Mondoñedo leva o nome de O Rei das Tartas. O Concello dedicou ao fundador da franquía, Carlos Folgueiras, unha das máis transitadas arterias do municipio. Este recoñecemento ven a destacar o papel que a firma desenvolve na promoción da vila, mediante a venda das tradicionais tartas de Mondoñedo en toda a súa rede de locais.

O Rei das Tartas procura franquiados para o Centro Comercial Buenavista de Oviedo

O centro comercial que Santiago Calatrava deseñou para Oviedo contará en pouco tempo cun novo restaurante de O Rei das Tartas. A franquía dispón dun local en Buenavista, a gran superficie comercial inaugurada na capital de Asturias o pasado mes de marzo e que posúe unha extensión superior aos 40.000 metros cadrados.

O Rei das Tartas ofrece este local a empresarios con gañas de formar parte da nosa rede de franquías, que conta xa con 15 restaurantes ao longo de toda España, e á que pronto se sumarán dous novos locais en A Coruña e Barcelona.

A Coruña e Barcelona, próximos destinos de ‘O Rei das Tartas’

O Rei das Tartas abrirá en dous anos o seu primeiro establecemento na cidade de A Coruña. O local estará ubicado en Marineda Plaza, o gran centro comercial que se está construíndo no barrio de A Grela que está previsto que se inaugure na primavera de 2010. O proxecto, no que participan firmas do nivel de Ikea ou El Corte Inglés, conta cunha inversión superior aos 400 millóns de euros, polo que está chamado a converterse no gran centro de ocio de A Coruña.

Ao tempo, a franquía ten previsto abrir tamén un novo local en Barcelona. A praza de España, unha das máis significativas da cidade condal, será o lugar elixido para este novo establecemento.

‘O Rei das Tartas’ desembarca en Cataluña

Aos catorce establecementos cos que ata agora contaba a franquia, vén a sumarse un máis na vila de Sitges. Este novo local atópase na Rúa Parrelladas, unha zona céntrica e peonil do municipio barcelonés. As dúas terrazas, unha exterior e outra interior, unido aos nosos produtos de primeira calidade, pretenden consolidar ‘O Rei das Tartas’ na costa do Mediterráneo, onde xa funcionan os establecementos de Cartagena e Oropesa.

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago